Bos días queridos alumnos e alumnas!! Como levades a semana? Esperamos que ben!!
Hoxe temos diferentes actividades de repaso de Matemáticas, Educación Física coa profe Lucía, un conto en galego e inglés.
📏Matemáticas: Para matemáticas temos un novo reto, pero primeiro necesitamos ver o seguinte vídeo para repasar a lonxitude e a súa unidade de medida.
Hoxe temos diferentes actividades de repaso de Matemáticas, Educación Física coa profe Lucía, un conto en galego e inglés.
📏Matemáticas: Para matemáticas temos un novo reto, pero primeiro necesitamos ver o seguinte vídeo para repasar a lonxitude e a súa unidade de medida.
Unha vez visto o vídeo, clica aquí para ver o que tes que facer: MATEMÁTICAS
📕Galego: Imos ver un conto moi divertido sobre un Mago, e cando rematemos teremos que contestar na nosa libreta ás seguintes preguntas. Lembrade escribir a materia, a data e facer unha letra bonita.
Responde as seguintes preguntas:
- Quen son os escritores deste conto? E a editorial?
- Cal é a palabra máxica que utiliza o Mago Rosa? Que palabra é se a les ao revés?
- A quen se comeu primeiro o Mago Rosa?
- Que é un pazo?
- Que cousas lle quitou o Mago Rosa á maceira?
- Quen coidou da maceira cando non tiña follas?
- Pensas que está ben o que fai o Mago Rosa? Por que?
**Podes comprobar aquí se as respostas son correctas e correxir ti soiño/a a túa tarefa cun lapis de cor vermella. SOLUCIONS GALEGO
💃💪Educación Física: Antes de poñernos a traballar é importante que veades a mensaxe da profe Lucía. Poñédevos roupa de deporte e despois a facer exercicio e mover cu!!
Ver os seguintes vídeos de EDUCACIÓN FÍSICA:
🐣Inglés: No seguinte enlace podedes ver os debuxos de Miró que fixeron compañeiros e compañeiras vosos/as de 1º e 2º. Ademais, a profe Laura colgou unhas actividades moi divertidas relacionadas coa Pascua (Easter) para que traballedes nestes días.
IMPORTANTE: Lembrade por favor que as tarefas de inglés non as correximos as titoras. As mestras de inglés suben as solucións no seu blog e se tedes algunha dúbida podedes preguntarlles no seu correo englishfleming@gmail.com (Poñede sempre o nome da mestra de inglés e o voso curso). Moitas grazas!!
Que teñades un fermoso día!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario