Bos días!
Este é o blog de 2º do CEP Doutor Fleming para que o alumnado poda seguir traballando desde as súas casas. Nestos días subiremos ao blog material para que os nenos e as nenas podan traballar sen saír dos seus fogares.
Rutinas diarias.
- Ler todos os días para mellorar a velocidade lectora e a comprensión de textos.Se non tedes ningún libro hai un fantástico enlace que vos deixamos aquí. PREME
- Para favorecer a expresión oral, preguntarlles aos rapaces/as rapazas o que acaban de ler. Falar con eles/elas; practicar con algún xogo de mesa, xogos de palabras...
- Escribir diariamente o que fan na casa, facer ditados...
- Practicar o copiado de textos, grafías, para mellorar a ortografía.
- Realizar cálculo mental, practicar as restas e sumas con levadas. Hai uns estupendo xeneradores de restas e sumas nesta páxina. PREME (engadides o número por filas , o número de levadas e xenerades o pdf)
- Xogar a oca, parchís...
- Escoitar as cancións das táboas (adiantamos moito para cando esteamos en 3º)
- Ver os vídeos que imos subir e algunhas fichas no apartado de descargas.
OUTRAS ACTIVIDADES:
- Rematar os libros do 2º trimestre. POR FAVOR, no comencedes cos libros do 3º trimestre xa que o faremos todos xuntos/as.
- Iremos colgando tarefas que podedes ver nas diferentes pestanas debaixo do título do blog.
- Para calquera dúbida tedes o noso correo ao lado esquerdo do blog, e indicades a que titora vai dirixida a dúbida. Tamén podedes enviar unha foto das actividades que fagades a esta dirección: traballandonacasafleming@gmail.com
Cuidaros moito, moitísimo!😍😍😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario