03/04/20

Tarefas para o venres 3 de abril.

Tarefa 3 de abril 2020.

👱👧ALUMNOS/AS:

Queridos rapaciños e rapaciñas de 2ºA, 2ºB, 2ºC e 2ºD:
Xa finalizamos este 2º trimestre  que empezou moi ben e que rematou dunha forma diferente ao esperado.
As titoras de 2º queremos darvos as grazas porque sabemos que estivestedes traballando moito desde a casa, tanto nas tarefas do cole como axudando no fogar, e  portándovos xenial.

Moitos aplausos e bicos para vós 💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖

Agora comezan as vacacións da Semana Santa e teredes tempo para descansar, xogar e coller forzas, xa que volveremos o martes, 14 de abril.

Durante estes días de vacacións, nós, as vosas titoras, estaremos aquí no blog preparando material e sempre dispostas a escoitaros.

E como podedes comunicarvos connosco? Pois moi fácil: empregando un medio interpersonal de comunicación que é o correo electrónico (lembrades?).
A continuación explicámosvos como se fai esta tarefa e podedes pedirlle axuda a un familiar da casa. Biquiños e vémonos á volta.


As titoras.

📝Ciencias sociais. A tarefa de hoxe consiste en escribir un correo electrónico a vosa titora.
  • Prazo: desde hoxe ata o 13 de abril.
  • A dirección dos correos atópanse na parte esquerda do blog. 
Que podes escribir?:
  • Como estades e que botades de menos.
  • Que fixestes nestes días.
  • Que vos parece a corentena.
  • Que facedes para divertirvos.
  • Que vos gustaría que fixésemos.
  • E todo o que queirades.
Tedes que escribir vós , aínda que teñades faltas de ortografía.

E para rematar. Onte día 2 de abril foi o día do Libro Infantil e así que vos deixamos aquí un enlace por se queredes pasar un ratiño escoitando estes contos de Kaladraka🔝


👨👩FAMILIAS:
Entre hoxe e mañá publicaremos no blog as instruccións para acceder aos libros dixitais da Editorial Santillana e da Editorial Anaya. Recibiredes a través de Abalar ou por correo electrónico a clave de acceso para rexistraros. Voltaremos o 14 de abril; continuaremos cos libros e explicaremos os novos cambios que imos introducir. Un saúdo familias.
As titoras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Seguir as instruccións para superar os retos

Your browser does not support the video tag.