27/03/20

Venres, 27 de Marzo

Bos días a tod@s!! Esperamos que esteades ben e que sigades con moitas ganas de aprender.

Hoxe propoñémosvos un par de actividades moi sinxelas para que fagades na libreta. O importante é que o fagades con calma, con boa letra e moi boa presentación.
A ver que tal o facedes. Seguro que xenial!!😎

Clicade na imaxe para descargar o documento.


Moito ánimo e que pasedes unha boa fin de semana!!

26/03/20

Xoves, 26 de marzo.

Ola rapaces e rapazas de 2º:
Hoxe imos facer unha cousa totalmente diferente. No cole tamén temos clase de relixión e valores,  por iso traemos unha actividade proporcionada pola profe Ana.  Tedes que ver este vídeo e contestar as seguintes preguntas.
Que vos parece? Sinxelo e interesante, verdade? Pois comezamos.
🔅Visionado do vídeo.

🔆Despois de ver o vídeo, contesta ás seguintes preguntas:
  • Por que o protagonista non pode beber ou xogar?
  • Como crees que sente o protagonista? 
  • Por que crees que sente así?
  • Por que crees que é capaz de atravesar o valo?
  • Por que crees que lle axudan os amigos?
  • Por que desaparece o valo?
  • Que actitudes dos demais fanche sentir mal?
  • Que aprendes deste vídeo?


25/03/20

Unha aperta moi forte desde o CEP Fleming

💙💙ÁNIMO 2º.💚💚

Unha mensaxe para todos e todas vós do profesorado do CEP Fleming. Fai clic na imaxe e SORPRESA.

https://drive.google.com/file/d/17QrsPJ704AZE0WX88-l0wXwOIzFBgnFo/view?usp=sharing



24/03/20

BLOG DE MÚSICA

🎵🎵Música: semana do 23 ao 27 de marzo.🎵🎵

Ola! proposta de tarefas para esta semana no blog de Música. CLICA para acceder ao enlace.

22/03/20

Rematamos o trimestre

💫💫REPASAMOS AS 5 ÁREAS.💫💫

NOTA RECTIFICADA

Tarefas desde o luns 23  ata o venres 27 de marzo.

Ola! Hoxe pola mañá vos deixamos uns pfs para facer e que son un resume do traballado durante este trimestre.
As titoras de 2º ampliamos o prazo de entrega das tarefas,  xa que algunhas familias non teñen impresora e pode levar máis tempo do previsto facer as actividades.

Así que  tedes toda a semana, ata o vernes, para facer estas tarefas. 

Podedes descargalos, copialos nun caderno ...Unha vez rematados, se queredes, podedes envialos aos correos das titoras que están no lado esquerdo do blogue. 


🔊🔊Nota: non fai falta que os fagades todos o mesmo día, podedes distribuílos como queirades.

NO SON AVALIABLES.

Ánimo. O mércores ou xoves subiremos algún material ou vídeo para aqueles nenos e nenas que vaian rematando.

Biquiños.
Fai CLIC nas diferentes imaxes para poder descargalas.










 

 

 

 


21/03/20

Kahoot

Máis xogos de Kahoot para repasar contidos de Lengua e facer un pouco de cálculo mental (matemáticas).

Deixovos por aquí o enlace:

Repaso de Lengua: https://create.kahoot.it/details/lengua-repaso/11cef171-42ba-43ac-b7de-688e25ad30cf

Matemáticas: https://create.kahoot.it/details/calculo-mental/99f53a89-f5c2-445d-915e-7aa9aed0178e

Lengua: https://create.kahoot.it/details/sustantivo-adjetivo-verbo-o-determinante/809f53d9-c8b5-4317-ba2c-ff860a9bbfd9

AVISOS

AVISO IMPORTANTE.
Esta semana estivemos repasando e reforzando os contidos traballados no 2º trimestre.
  • O luns, 23 de marzo subiremos  cinco pdf que tiñamos pensado realizar no cole durante a semana do 21-28 de marzo.
  • Os nenos e as nenas poderán facelos o luns e o martes. 
  • NON SON AVALIABLES pero sérvenos para afianzar o traballado durante este segundo trimestre. 
  • Logo, se queredes, podedes enviar unha foto ou pdf aos respectivos correos das titoras que se atopan na parte esquerda do blog.  
  • O mércores 25, seguiremos.
Grazas.

Venres, 27 de Marzo

Bos días a tod@s!! Esperamos que esteades ben e que sigades con moitas ganas de aprender. Hoxe propoñémosvos un par de actividades moi sin...