31/03/20

Tarefa para o 1 de abril.

🌷🌷A PRIMAVERA.🌷🌷

Ola rapaces e rapazas:
Como xa sabedes a primavera comezou o 20 de marzo e hai días que chove e outros, que vai calor. Así é a primavera! Nalgunhas ocasións prodúcese un fenómeno visual  llamado "arco da vella" , que seguramente coñeceredes moi ben.  Hoxe imos traballar aspectos relacionados coa primavera así que....arrincamos:

📗CIENCIAS DA NATUREZA.
Ver o vídeo do arco da vella.
Fíxate como se produce o arco da vella e as cores para facer despois as actividades das áreas das linguas. Contestar oralmente a estas preguntas: Que será un arco da vella lunar? Hai máis cores no arco vella?  
📘📙 LINGUAS.
Dúas opcións.

  • Descargar o pdf e facer as actividades.👇 Abaixo
  • Copiar na libreta.
Facede un debuxo do vídeo ou da primavera. Tamén podedes decorar os renglóns con cores. Non vos esquezades de empregar boa letra.
📕MATEMÁTICAS.
Resolver estes problemas baseados na Primavera. Le varias veces, rodea os datos, calcula e non te esquezas de escribir a solución.

PREME PARA VER O PDF

🎵🎵MÚSICA.🎵🎵
E por último acceder ao blog de música. Blog de música.

📌Unha vez feitas todas estas tarefas podedes comprobar no Solucionario se todo está correcto.
✂ E como manualidade déixovos unhas flores de cores para celebrar a chegada da primavera. Preme no  ENLACE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Seguir as instruccións para superar os retos

Your browser does not support the video tag.