30/04/20

Relixión

TAREFA SEMANA: 27 ao 1 de maio.
Esta actividade é para traballar o alumnado de relixión. Os nenos e as nenas de valores, se así o desexan,  tamén poden facelo.
ENLACE.


03/04/20

ACCESO AOS LIBROS DIXITAIS DA EDITORIAL SANTILLANA

 LIBROS DIXITAIS

PARA QUE?

Para poder acceder aos libros de Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Naturaleza do alumnado.

CÓMO ACCEDER?

ATENCIÓN: Empregando o pdf que recibistedes no voso correo persoal cun número de "USUARIO "e cunha "CONTRASEÑA".

Pasos:

1º Entrar a través da dirección web que aparece na parte de abaixo do pdf (Número1) aulavirtual.santillana.es/av3online/login

Tamén tedes a opción de descargar a aplicación https://digital.santillana.es/

2º Introducir o número de usuario (licencia) e contraseña (Número 2)

A imaxe de abaixo é un exemplo, non aparecen o usuario nin a contrasinal.

3º Elexir o  idioma, aceptar as condicións e entrar.

Tarefas para o venres 3 de abril.

Tarefa 3 de abril 2020.

👱👧ALUMNOS/AS:

Queridos rapaciños e rapaciñas de 2ºA, 2ºB, 2ºC e 2ºD:
Xa finalizamos este 2º trimestre  que empezou moi ben e que rematou dunha forma diferente ao esperado.
As titoras de 2º queremos darvos as grazas porque sabemos que estivestedes traballando moito desde a casa, tanto nas tarefas do cole como axudando no fogar, e  portándovos xenial.

Moitos aplausos e bicos para vós 💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖

Agora comezan as vacacións da Semana Santa e teredes tempo para descansar, xogar e coller forzas, xa que volveremos o martes, 14 de abril.

Durante estes días de vacacións, nós, as vosas titoras, estaremos aquí no blog preparando material e sempre dispostas a escoitaros.

E como podedes comunicarvos connosco? Pois moi fácil: empregando un medio interpersonal de comunicación que é o correo electrónico (lembrades?).
A continuación explicámosvos como se fai esta tarefa e podedes pedirlle axuda a un familiar da casa. Biquiños e vémonos á volta.


As titoras.

📝Ciencias sociais. A tarefa de hoxe consiste en escribir un correo electrónico a vosa titora.
  • Prazo: desde hoxe ata o 13 de abril.
  • A dirección dos correos atópanse na parte esquerda do blog. 
Que podes escribir?:
  • Como estades e que botades de menos.
  • Que fixestes nestes días.
  • Que vos parece a corentena.
  • Que facedes para divertirvos.
  • Que vos gustaría que fixésemos.
  • E todo o que queirades.
Tedes que escribir vós , aínda que teñades faltas de ortografía.

E para rematar. Onte día 2 de abril foi o día do Libro Infantil e así que vos deixamos aquí un enlace por se queredes pasar un ratiño escoitando estes contos de Kaladraka🔝


👨👩FAMILIAS:
Entre hoxe e mañá publicaremos no blog as instruccións para acceder aos libros dixitais da Editorial Santillana e da Editorial Anaya. Recibiredes a través de Abalar ou por correo electrónico a clave de acceso para rexistraros. Voltaremos o 14 de abril; continuaremos cos libros e explicaremos os novos cambios que imos introducir. Un saúdo familias.
As titoras.

02/04/20

Xoves 2 de Abril

Bos días queridos alumnos e alumnas!! Como levades a semana? Esperamos que ben!!

Hoxe temos diferentes actividades de repaso de Matemáticas, Educación Física coa profe Lucía, un conto en galego e inglés.

📏Matemáticas: Para matemáticas temos un novo reto, pero primeiro necesitamos ver o seguinte vídeo para repasar a lonxitude e a súa unidade de medida.


Unha vez visto o vídeo, clica aquí para ver o que tes que facer: MATEMÁTICAS

📕Galego: Imos ver un conto moi divertido sobre un Mago, e cando rematemos teremos que contestar na nosa libreta ás seguintes preguntas. Lembrade escribir a materia, a data e facer unha letra bonita. 


Responde as seguintes preguntas:
  • Quen son os escritores deste conto? E a editorial?
  • Cal é a palabra máxica que utiliza o Mago Rosa? Que palabra é se a les ao revés?
  • A quen se comeu primeiro o Mago Rosa?
  • Que é un pazo?
  • Que cousas lle quitou o Mago Rosa á maceira? 
  • Quen coidou da maceira cando non tiña follas?
  • Pensas que está ben o que fai o Mago Rosa? Por que?

**Podes comprobar aquí se as respostas son correctas e correxir ti soiño/a a túa tarefa cun lapis de cor vermella. SOLUCIONS GALEGO

💃💪Educación Física: Antes de poñernos a traballar é importante que veades a mensaxe da profe Lucía. Poñédevos roupa de deporte e despois a facer exercicio e mover cu!!



Ver os seguintes vídeos de EDUCACIÓN FÍSICA:




🐣Inglés: No seguinte enlace podedes ver os debuxos de Miró que fixeron compañeiros e compañeiras vosos/as de 1º e 2º. Ademais, a profe Laura colgou unhas actividades moi divertidas relacionadas coa Pascua (Easter) para que traballedes nestes días.

IMPORTANTE: Lembrade por favor que as tarefas de inglés non as correximos as titoras. As mestras de inglés suben as solucións no seu blog e se tedes algunha dúbida podedes preguntarlles no seu correo englishfleming@gmail.com (Poñede sempre o nome da mestra de inglés e o voso curso). Moitas grazas!!

Que teñades un fermoso día!!

Seguir as instruccións para superar os retos

Your browser does not support the video tag.