31/03/20

Tarefa para o 1 de abril.

🌷🌷A PRIMAVERA.🌷🌷

Ola rapaces e rapazas:
Como xa sabedes a primavera comezou o 20 de marzo e hai días que chove e outros, que vai calor. Así é a primavera! Nalgunhas ocasións prodúcese un fenómeno visual  llamado "arco da vella" , que seguramente coñeceredes moi ben.  Hoxe imos traballar aspectos relacionados coa primavera así que....arrincamos:

📗CIENCIAS DA NATUREZA.
Ver o vídeo do arco da vella.
Fíxate como se produce o arco da vella e as cores para facer despois as actividades das áreas das linguas. Contestar oralmente a estas preguntas: Que será un arco da vella lunar? Hai máis cores no arco vella?  
📘📙 LINGUAS.
Dúas opcións.

  • Descargar o pdf e facer as actividades.👇 Abaixo
  • Copiar na libreta.
Facede un debuxo do vídeo ou da primavera. Tamén podedes decorar os renglóns con cores. Non vos esquezades de empregar boa letra.
📕MATEMÁTICAS.
Resolver estes problemas baseados na Primavera. Le varias veces, rodea os datos, calcula e non te esquezas de escribir a solución.

PREME PARA VER O PDF

🎵🎵MÚSICA.🎵🎵
E por último acceder ao blog de música. Blog de música.

📌Unha vez feitas todas estas tarefas podedes comprobar no Solucionario se todo está correcto.
✂ E como manualidade déixovos unhas flores de cores para celebrar a chegada da primavera. Preme no  ENLACE.

Martes, 31 de marzo

Bos días alumnas e alumnos de 2º.

Hoxe imos facer un pouco de Lengua, Mate e Arts and Crafts.
Deixovos abaixo os enlaces e documentos descargables. 
Ademais, tedes as solucións ás tarefas de matemáticas para que corrixades unha vez as fagades.


TAREFAS PARA DESCARGAR:

Lengua: DETECTIVES
Arts and Crafts: Clicade na imaxe para acceder ao blog de inglés

Clicade aquí para ver as SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS

Moitos bicos e coidadevos moito!!

30/03/20

Reforzo Lingua Galega (semana do 30 de marzo ao 3 de abril)

Ola familias:

Déixovos aquí un pequeno resumo para repasar os contidos que traballamos este trimestre. Moitos ánimos!


Familias de 2º

Prezadas familias de 2°:


Hoxe tiñamos pensado iniciar o 3° trimestre pero debido a que hai alumnos/as que teñen algúns  libros no cole, que precisamos activar as licencias dos libros dixitais e seguindo as ordes da Consellería de Educación, as titoras de 2° decidimos iniciar o 3° trimestre á volta da Semana Santa.
Durante esta semana seguiremos afianzando aspectos como as unidades de medida, ortografía, cálculo,  comprensión.. que son capacidades básicas para o alumnado.
Á volta das vacacións continuaremos progresando no currículo de 2° e intentaremos incorporar aqueles alumnos e alumnas que aínda non temos noticias de eles/as.
📣📣Importante:  por favor, que todas as familias teñan instalada a aplicación  Abalar no seu móbil para recibir as cualificacións do 2° trimestre.

Moitas grazas pola vosa comprensión.
As titoras 2º 

27/03/20

Venres, 27 de Marzo

Bos días a tod@s!! Esperamos que esteades ben e que sigades con moitas ganas de aprender.

Hoxe propoñémosvos un par de actividades moi sinxelas para que fagades na libreta. O importante é que o fagades con calma, con boa letra e moi boa presentación.
A ver que tal o facedes. Seguro que xenial!!😎

Clicade na imaxe para descargar o documento.


Moito ánimo e que pasedes unha boa fin de semana!!

26/03/20

Xoves, 26 de marzo.

Ola rapaces e rapazas de 2º:
Hoxe imos facer unha cousa totalmente diferente. No cole tamén temos clase de relixión e valores,  por iso traemos unha actividade proporcionada pola profe Ana.  Tedes que ver este vídeo e contestar as seguintes preguntas.
Que vos parece? Sinxelo e interesante, verdade? Pois comezamos.
🔅Visionado do vídeo.

🔆Despois de ver o vídeo, contesta ás seguintes preguntas:
  • Por que o protagonista non pode beber ou xogar?
  • Como crees que sente o protagonista? 
  • Por que crees que sente así?
  • Por que crees que é capaz de atravesar o valo?
  • Por que crees que lle axudan os amigos?
  • Por que desaparece o valo?
  • Que actitudes dos demais fanche sentir mal?
  • Que aprendes deste vídeo?


25/03/20

Unha aperta moi forte desde o CEP Fleming

💙💙ÁNIMO 2º.💚💚

Unha mensaxe para todos e todas vós do profesorado do CEP Fleming. Fai clic na imaxe e SORPRESA.

https://drive.google.com/file/d/17QrsPJ704AZE0WX88-l0wXwOIzFBgnFo/view?usp=sharing



Seguir as instruccións para superar os retos

Your browser does not support the video tag.